Prevención de Riscos Laborais
En aplicación da Lei de prevención de riscos laborais 31/1995, de 8 de novembro, a Deputación constitúe en abril de 2002 o Servizo de Prevención de Riscos Laborais, xa que se trata dunha empresa que conta con máis de 500 traballadores.
- Asesorar e apoiar a empresa en función dos tipos de risco
- Deseñar, implantar e aplicar o plan de prevención de riscos laborais que permita a integración da prevención na empresa
- Avaliar os factores de risco que poidan afectar á seguridade e saúde dos traballadores
- Planificar a actividade preventiva e determinar as prioridades para adoptar as medidas de prevención e vixiar a súa eficacia
- Informar e formar os traballadores
- Prestar os primeiros auxilios e os plans de emerxencia
- Vixiar a saúde dos traballadores en relación cos riscos derivados do traballo
Actividades
Formación
- Curso de Soldadura
- Curso de Primeiros Auxilios. Nivel básico
- Curso de Escola para o Lombo
- Curso de Prevención de Riscos Laborais. Nivel básico
- Curso de Riscos Psicosociais
Sanitarias
- Recoñecemento médico anual
- Campaña de vacinación antitetánica
- Campaña de vacinación antigripal
Pazo provincial
Avenida de Montero Ríos, s/n
36071 Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 886 210 666
E-mail: riscoslaborais@depo.es
Enlaces
Última modificación: martes, 04 setembro 2018