Servizo de Secretaría General da Deputación de Pontevedra

Secretaría Xeral

As funcións de Secretaría Xeral son a fe pública e o asesoramento legal preceptivo

Funcións da fe pública

  • Preparar os asuntos que deban ser incluídos na orde do día das sesións que celebre o Pleno, a Xunta de Goberno decisoria e calquera outro órgano colexiado da Corporación no que se adopten acordos que vinculen a esta, de conformidade co establecido polo presidente da Corporación, e asistir a este na realización da correspondente convocatoria, notificándollela coa debida antelación a todos os compoñentes do órgano colexiado.
  • Custodiar desde o momento da convocatoria a documentación íntegra dos expedientes incluídos na orde do día e tela á disposición dos membros do respectivo órgano colexiado que desexen examinala.
  • Redactar a acta das sesións dos órganos colexiados referidos no apartado a) e someter á aprobación, ó comezo de cada sesión, a da precedente. Unha vez aprobada transcribirase no libro de actas autorizada coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente da Corporación.
  • Transcribir ó libro de resolucións de Presidencia as ditadas por aquela e polos membros da Corporación que resolven por delegación súa.
  • Certificar todos os actos ou resolucións de Presidencia e os acordos dos órganos colexiados decisorios, así como dos antecedentes, libros e documentos da entidade.
  • Remitirlles á Administración do Estado e á da Comunidade Autónoma, nos prazos e formas determinados regulamentariamente, unha copia ou, no seu caso, un extracto dos actos e os acordos dos órganos decisorios da Corporación, tanto colexiados coma unipersoais.
  • Anotar nos expedientes, baixo sinatura, as resolucións e acordos que recaian.
  • Autorizar, coas garantías e responsabilidades inherentes, as actas de todas as licitacións, contratos e documentos administrativos análogos nos que interveña a entidade.
  • Dispoñer que na vitrina e no taboleiro de anuncios se fixen os que sexan preceptivos, certificándose o seu resultado se así fose preciso.
  • Levar e custodiar o rexistro de intereses dos membros da Corporación e o inventario de bens da entidade.
  

Funcións de asesoramento legal preceptivo

  • Emitir os informes previos naqueles supostos nos que así o ordene o presidente da Corporación ou cando o solicite un terzo dos deputados con antelación suficiente á celebración da sesión na que se trate o asunto correspondente. Estes informes deberán sinalar a lexislación en cada caso aplicable e a adecuación a esta dos acordos en proxecto.
  • Emitir o informe previo sempre que se trate de asuntos para cuxa aprobación se esixa unha maioría especial. Nestes casos, se informasen os demais xefes de servizo ou dependencia ou outros asesores xurídicos, bastará consignar unha nota de conformidade ou desconformidade, razoando esta última, asumindo neste último caso o asinante da nota a responsabilidade do informe.
  • Emitir os informes previos sempre que nun precepto legal expreso así se estableza.
  • Informar, nas sesións dos órganos colexiados ás que asista e cando medie requirimento expreso de quen presida, acerca dos aspectos legais do asunto que se discuta, co obxecto de colaborar na corrección xurídica da decisión que deba adoptarse. Se no debate se formulou algunha cuestión sobre cuxa legalidade pode dubidarse poderá solicitarlle ó presidente o uso da palabra para asesorar a Corporación.
  • Acompañar o presidente ou os membros da Corporación nos actos de sinatura de escrituras e, se así o solicitasen, nas súas visitas a autoridades ou asistencia a reunións para os efectos de asesoramento legal.
  

 

Pazo provincial
Avenida de Montero Ríos, s/n
36071  Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 886 210 321
E-mail:   secretaria.xeral@depo.es

Última modificación: martes, 04 setembro 2018