Servizo de Tesourería da Deputación de Pontevedra

Tesourería

Na Tesourería da Deputación de Pontevedra destacan dous grandes núcleos de traballo.

Por unha banda, a Tesourería como instrumento de xestión financeira e, pola outra, o núcleo que presta as funcións de xestión tributaria, recadación, inspección e asesoría xurídica ós concellos da provincia a través do órgano de xestión e recadación provincial.

Xestión financeira

Como instrumento de xestión financeira as súas funcións baséanse en dar efectividade á recadación de dereitos que forman parte do orzamento e ó pagamento das obrigas da institución provincial, así como á custodia de valores e fondos que se realiza por medio de depósitos bancarios.

Xestión tributaria

En canto á xestión tributaria, as súas principais accións concéntranse en prestarlles servizos ás entidades locais da provincia de Pontevedra para:

  • Mellorar a xestión tributaria e recadatoria dos ingresos de dereito público locais
  • Facilitarlle ó contribuínte o cumprimento das súas obrigas fiscais
  

A estrutura da Tesourería como instrumento de xestión tributaria, recadación e inspección ós concellos da provincia é a organización do ORAL.

 

Pazo provincial
Avenida de Montero Ríos, s/n
36071  Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 886 210 756
E-mail:   tesoureria@depo.es

Última modificación: martes, 04 setembro 2018