Servizo de Turismo Rías Baixas da Deputación de Pontevedra

Turismo Rías Baixas

Este servizo ten como obxectivo principal a promoción dos recursos e da infraestrutura turística do destino "Rías Baixas", a través de múltiples accións promocionais.

  • Organización e realización de accións encamiñadas a atraer o turismo.
  • Realización de accións e xestións tendentes a reforzar e mellorar a comunicación da imaxe de marca do destino "Rías Baixas".
  • Edición directa ou en colaboración de información turística.
  • Promoción do estudo da vida provincial na orde turística, ben directamente ou a través de distintos organismos especializados, e concreción con eles de accións de promoción e perfeccionamento de cantas profesións relaciónense co turismo, executando as accións precisas.
  • Realización e promoción de estudos turísticos.
  • Apoio á creación de centros comerciais abertos, consolidación dos existentes e creación de novos espazos nas cabeceiras de comarca. Apoio ó movemento asociativo comercial de base. Desenvolvemento de plans de actuacións urbanísticas e de equipamento comercial de apoio ós centros comerciais abertos (CCA).
  • Formación e cualificación do sector comercial e, sobre todo, profesionalización do movemento asociativo e dos xestores dos centros comerciais urbanos.
  • Colaboración cos concellos para crear equipos técnicos e servizos integrais de apoio ó sector comercial.
  • Valoración, rehabilitación e conversión dos centros urbanos en peonís.
  • Coordinación do labor nestes campos co ministerio competente, a Comunidade Autónoma de Galicia, outras provincias e outras entidades nacionais ou estranxeiras, tendente ó cumprimento das finalidades do servizo.
  • Desenvolvemento de proxectos comunitarios que contribúan á creación de produto turístico así como á promo-comercialización deste.
  • En xeral, cantos asuntos estean relacionados co turismo e sexan de interese para a provincia de Pontevedra (marca-destino "Rías Baixas").

 

Palacete de las Mendoza
Plaza Santa María, s/n
36071  Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 986 868 750
E-mail:   info.riasbaixas@depo.es

Última modificación: xoves, 28 novembro 2019