Subvencións a clubs deportivos de ámbito nacional 2021
Convocatoria de subvencións para o apoio a clubs deportivos federados que participen en categoría nacional na temporada 2020-2021 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, da temporada 2021.
Esta convocatoria está destinada a apoiar a participación en ligas e competicións oficiais de ámbito nacional, convocadas por organismos ou federacións deportivas.
- Bases(BOPPO 17/02/2021)
- Extracto da convocatoria (BOPPO 17/02/2021)
- Tramitación en sede.depo.gal
Subvencións concedidas
GUÍA DE TRAMITACIÓN PARA A XUSTIFICACIÓN 2020
Para cobrar a subvención os clubs deberán presentar unha solicitude, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo "Instancia xenérica" dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), e anexar a seguinte documentación:
- Conta xustificativa, na que se relacionarán os conceptos dos gastos por un importe igual ou superior ao orzamento presentado coa solicitude (anexo IV)
- Facturas orixinais ou copias compulsadas polo importe da subvención concedida, indicando en cada factura o número de unidades, os prezos unitarios e o prezo total
- Memoria deportiva, na que se indiquen as actividades realizadas e os resultados obtidos na temporada
- Os clubs que reciban subvencións deberán acreditar a difusión do financiamento a través de calquera medio probatorio (prensa, valos, pancartas, vestimenta deportiva, páxina web…) e, no caso de axudas de máis de seis mil (6.000,00) euros deberán acreditar, ademais, a divulgación do financiamento a través de fotografías nas instalacións e na súa vestimenta. No caso de que a subvención recibida sexa de máis de dez mil (10.000,00) euros as entidades beneficiarias deberán realizar unha serie de actuacións, explicadas na base décimo terceira das bases destas subvencións.
- Os clubs que presentasen unha declaración xurada do 2020 cos datos deportivos do club (nivel de competición, licenzas, categorías…) deberán enviar o certificado da federación correspondente segundo a súa modalidade deportiva (anexo II)
- A maiores, na modalidade de ciclismo os clubs deberán presentar un certificado da federación corroborando a declaración de participación entregada coa solicitude
- No caso de judo e "outras modalidades" as entidades solicitantes deberán presentar un certificado expedido pola federación correspondente no que se corroboren os desprazamentos presentados coa solicitude mediante o anexo III
Anexos da subvención para clubs deportivos de ámbito nacional en fase xustificativa: https://sede.depo.gal/web/public/publications/list/forms/FORMS/details/84030566
Última modificación: venres, 19 febreiro 2021