Tecendo lazos

Tecendo lazos

O programa "Tecendo lazos" 2018 ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretende poñer en marcha estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio recíproco, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.

Prazos

PRAZOS DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DOS CONCELLOS ADHERIDOS AO PROGRAMA
CONCELLO OBRADOIRO PRAZO DE INSCRICIÓN PUNTO DE INFORMACIÓN E INSCRICIÓN TELÉFONO CORREO ELECTRÓNICO
A Cañiza Risa e movemento ata o 19 de novembro Concello de A Cañiza 986768238 EXT.4 cultura@caniza.org
A Guarda Risoterapia e Mindfulness ata o 2 de outubro OMIX  de A Guarda 986610000 informacion@aguarda.es 
A Illa de Arousa Patchwork ata o 16 de novembro Rexistro Concello de A Illa 1º Andar 986527050 concello@ailladearousa.es
salome@ailladearousa.es
A Lama Xogos de patio ata o 14 de decembro OMIX A Lama    986768238 Ext.4 omixalama@gmail.com
Baiona Patchwork ata o 20 de novembro OMIX-Concello de Baiona 986385925 xuventude@baiona.org
Barro Elaboración de xabóns ata o 27 de setembro OMIX-Concello de Barro 986714806 omix@barro.es
Caldas de Reis  Elaboración de xabóns ata o 5 de outubro Dpto.Servizos Sociais Concello de Caldas de Reis 986540002 ext.3 fogardomaior@caldasdereis.com
Campo Lameiro Risa e movemento ata o 12 de decembro Rexistro Concello de Campo Lameiro 986752034 servizossociais@campolameiro.com
estadistica@campolameiro.com
Catoira Elaboración de xabóns ata o 4 de outubro Dpto.Servizos Sociais Concello de Catoira 986546014 maria.catoira@eidolocal.es
Cerdedo-Cotobade Creación de Xoguetes Tradicionais ata o 11 de decembro OMIX Cotobade Chan- Carballedo, 11  986760001 ext 3 omix@cerdedo-cotobade-gal
Covelo  Creación de Xoguetes Tradicionais ata o 14 de decembro Servizos sociais-Concello de Covelo 986650027-EXT 3 servizossociais.covelo@gmail.com
Cuntis Creación de Xoguetes Tradicionais ata o 15 de decembro OMIX Cuntis-Servizos sociais Concello de Cuntis 986533600 cultura@concellodecuntis.es
servizossociais@concellodecuntis.es
Fornelos de Montes Elaboración de xabóns ata o 5 de decembro Servizos Sociais-Concello de Fornelos de Montes 986768409 educadorasocial@fornelos.com
Gondomar Risa e movemento ata o 10 de decembro Rexistro Concello de Gondomar-OMIX Gondomar 986369746 omix@concellodegondomar.gal
Meaño Creación de Xoguetes Tradicionais ata o 14 de decembro OMIX Concello-Centro Social de Dena 986747102 culturaxuventude@concellodemeano.com
Meis Elaboración de xabóns ata o 14 de decembro OMIX-Concello de Meis 986712001
986712477
omix@meis.gal
Moaña Elaboración de xabóns ata o 15 de novembro Dpto.Servizos sociais Concello de Moaña 986310100 elenagarcia@concellodemoana.org
Mondariz Creación de Xoguetes Tradicionais ata o 18 de decembro OMIX Mondariz 986664306 omix@concellodemondariz.com
Mondariz Balneario Panxoliñas e bailes tradicionais ata o 14 de decembro Concello de Mondariz Balneario 986656136 servizossociais.mbalneario@gmail.com
Moraña Patchwork ata o 5 de decembro Biblioteca Municipal de Moraña 986552809 biblioteca@morana.org
Mos Creación de Xoguetes Tradicionais ata o 12 de decembro OMIX Concello de Mos
Rexistro Xeral Concello de Mos
986339404 omix@concellomos.es
Nigrán Panxoliñas e bailes tradicionais ata o 10 de decembro Rexistro Xeral do Concello de Nigrán 986383081 omixnigran@nigran.org
O Grove Creación de Xoguetes Tradicionais ata o 29 de novembro OMIX O Grove-2º Andar do Concello do Grove 886214923 omix@concellodogrove.es
O Porriño Elaboración de xabóns ata o 29 de outubro Centro Cultural Municipal-OMIX 986337624 omix@oporrino.org
Oia Creación de Xoguetes Tradicionais ata o 14 de decembro Concello de Oia 986362125 aedl@concellodeoia.es
Pazos de Borbén Elaboración de xabóns ata o 17 de outubro OMIX de Pazos de Borbén 986497035 omix@pazosdeborben.org
Pontecesures Risa e movemento ata o 30 de novembro OMIX Concello de Pontecesures 986564410 xuventude@pontecesures.org
Portas Elaboración de xabóns ata o 12 de decembro Concello de Portas 986536161 bpmportas@gmail.com
Ribadumia Cantigas e bailes de sempre ata o 14 de decembro Concello de Ribadumia 986718491
986718499
concello@ribadumia.org
Salceda de Caselas  Elaboración de xabóns ata o 14 de decembro Rexistro Xeral do Concello
Casa da Cultura Castelao
986349003 cultura@salcedadecaselas.gal
Silleda Risoterapia e Mindfulness ata o 29 de outubro Concello de Silleda 986592037  soledad.rey@silleda.gal
Soutomaior Panxoliñas e bailes tradicionais ata o 5 de decembro OMIX Concello de Soutomaior 986700822 omix@soutomaior.com
Tomiño Creación de Xoguetes Tradicionais ata o 19 de novembro OMIX de Tomiño 986622001 omix@tomino.gal
Valga Creación de Xoguetes Tradicionais ata o 11 de outubro OMIX Concello de Valga
Auditorio Municipal
986559456
986556769
omix.valga@yahoo.es
auditorio@valga.es
Vila de Cruces Patchwork ata o 16 de outubro Concello de Vila de Cruces 986582017 concellodeviladecruces@gmail.com

 

 

  • Adhesión de concellos: vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)
  • Persoas participantes: os formularios de solicitude deberán presentarse nos prazos de inscrición establecidos no rexistro do concello no que se oferte o obradoiro escollido

Cada concello establecerá os seus propios prazos de inscrición, que serán dun mínimo de 20 días naturais.

Datos de interese

O programa desenvolverase de setembro a decembro e os obradoiros ofertaranse a través dunha empresa especializada na materia, que será responsable da súa execución, coordinación e avaliación.

Os obradoiros terán unha duración de 16 horas lectivas, nas que se incluirá o módulo denominado "A historia do meu concello", que recollerá actividades enfocadas á recompilación de fotografías, historias, lendas, contos etc. en formato papel ou audiovisual de cada un dos concellos que se adhiran ao programa, co fin de reunir os datos mais significativos de cada un.

Premiarase o mellor traballo dos presentados polos diferentes concellos, e o alumnado que o elaborase será galardoado pola Deputación cun premio consistente nun lote de produtos e 50 copias do traballo gañador.

Os obradoiros deberán contar cun mínimo de 10 persoas participantes e cun máximo de 30, das cales un 40 % serán menores.

Vídeos

Tecendo Lazos 2017