Formación

Xornadas sobre Control Financeiro nas Entidades Locais

Convocatoria das Xornadas sobre Control Financeiro nas Entidades Locais da Provincia de Pontevedra. As xornadas están dirixidas preferentemente ao persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional e, así mesmo, ao persoal funcionario da Administración local dos grupos A1 e A2 que desenvolvan funcións relacionadas co contido do programa nas entidades locais da provincia.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

O prazo de inscrición comezará a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará dez días antes do comezo da acción formativa.

Última modificación: luns, 18 febreiro 2019