Actualidade tributaria: Pagamento dos recibos do IBI por calquera cotitular. Responsabilidade solidaria aínda que se solicite a división da liquidación
17/11/2025
A persoa que fai a consulta pregunta se pode pagar os recibos do IBI correspondente a un inmoble do cal é cotitular a pesar de que os recibos se xiran a nome doutra persoa cotitular. A resposta é afirmativa porque é suxeito pasivo a título de contribuínte e, polo tanto, obrigada tributaria solidariamente coas restantes cotitulares.
Lembra a Subdirección Xeral de Tributos Locais (SXTL) a posibilidade que lles outorga o artigo 35.7 da Lei xeral tributaria ás e aos cotitulares de solicitar a división da liquidación, para o que é indispensable achegar os datos persoais e o domicilio das e dos restantes obrigados tributarios, así como a cota de participación de todas e todos eles no dereito de propiedade sobre o inmoble. A este respecto, é importante lembrar que o feito de que algunha das persoas cotitulares solicite a división da liquidación non extingue a solidariedade entre elas. Sobre este último aspecto pronunciouse a SXTL na Consulta vinculante V0589-19, de marzo de 2019.