Imaxe representativa do tema Formación e Emprego

Convocatoria dunha praza de xefatura superior Escola de Enfermería

Esta convocatoria ten por obxecto a provisión dun posto de traballo de xefatura superior do grupo 3, vacante na relación de postos de traballo adscritos á Escola Universitaria de Enfermería dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, con motivo da xubilación da titular e polo sistema de concurso de méritos.

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)