Concellos

Xeración perdida

Representatividade institucional republicana e represión na provincia de Pontevedra

A Deputación Provincial de Pontevedra, a través do grupo de investigación HISPONA (USC), promove o proxecto "Xeración perdida. Representatividade institucional e represión: as corporacións municipais da fronte popular na provincia de Pontevedra". Con el preténdese botar luz sobre a vida política municipal na II República e a ruptura que supuxo a sublevación militar de 1936.

Con ese obxectivo o equipo de investigación que coordina Emilio Grandío e do que forman parte membros e colaboradores do grupo HISPONA (José Ramón Rodríguez Lago, Alfonso Iglesias Amorín, Dionisio Pereira, Eliseo Fernández, Manuel Pérez Lorenzo, Diego Gómez-Aller Andrés e Pablo Fernández Cabaleiro) emprendeu o proceso de reconstrución das corporacións municipais de cada un dos 65 concellos no período republicano e afondou no estudo da represión padecida por alcaldes e concelleiros.

A provincia de Pontevedra estaba conformada daquela por un total de 65 municipios de gran heteroxeneidade: desde as cidades –Vigo, Pontevedra, Tui– ata os concellos rurais, pasando polas numerosas vilas. Se por algo se caracterizan os anos da República é polo seu dinamismo político e sindical e pola apertura de procesos de cambio truncados pola instauración da ditadura militar. O papel dos concellos e das persoas que representaban o poder local foi determinante neses procesos, especialmente alí onde o poder central contaba con menor implantación. Resulta, xa que logo, fundamental coñecer quen foron eses concelleiros e alcaldes, como se desenvolveu a vida política dos municipios nas diferentes etapas da II República, como afrontaron os concellos a sublevación e de que xeito e en que medida padeceron represión os integrantes das súas corporacións.

Contribuirase así á superación de visións simplificadoras e erradas da realidade, e axudarase a rescatar a memoria daquelas persoas que asumiron responsabilidades e que, precisamente por iso, se atoparon coa violencia represiva cara a cara. Transcorridas oito décadas, un coñecemento rigoroso do pasado é a ferramenta que permite reivindicar e transmitir esa memoria cívica democrática, contribuíndo a fomentar futuras investigacións.

Xeración perdida

 

 

 

 

Nome Concello Categoría Posto na corporación municipal antes da FP Posto na corporación municipal FP
Antonio Méndez Parada Arbo Encarcerado Concelleiro  
José Sobreira Fernández Arbo Sancionado   Concelleiro
Telmo Rodríguez Alonso Arbo Asasinado   Concelleiro
Agustín Villafines González Baiona Encarcerado   Concelleiro
Benito Ramallo Gómez Baiona Sancionado   Concelleiro
Bernardo Seoane Vázquez Baiona Encarcerado   Concelleiro
Luis López Luis Baiona Asasinado   Concelleiro
Manuel Cabrera Pebreño Baiona Procesado   Concelleiro
Castor Castro Cancela Barro Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Domingos Padín Carballo Barro Fuxido Alcalde, concelleiro Concelleiro
Arturo Igualada Codesido Barro Asasinado   Concelleiro
Francisco Escáneo Franco Bueu Asasinado Concelleiro Concelleiro
Francisco Padín Novas Bueu Encarcerado   Concelleiro
Francisco Piñeiro Barreiro Bueu Asasinado   Concelleiro
José Gómez de la Cueva Bueu Execución de pena de morte   Alcalde
José Bernárdez Santaclara Bueu Encarcerado   Concelleiro
José de la Torre López Bueu Asasinado Concelleiro Concelleiro
Andrés Muñiz Landrove Caldas de Reis Encarcerado   Concelleiro
Jesús Rosende González Caldas de Reis Encarcerado   Concelleiro
Joaquín Blanco Vázquez Caldas de Reis Asasinado Concelleiro Concelleiro
José Torrado Ortigueira Caldas de Reis Encarcerado   Concelleiro
Manuel García Argibay Caldas de Reis Encarcerado   Concelleiro
Pablo Piñeiro Vázquez Caldas de Reis Procesado   Concelleiro
Elías Porto Trigo Cambados Procesado Concelleiro  
Joaquín Serantes Núñez Cambados Encarcerado   Concelleiro
José Manuel Silva Losada Cambados Encarcerado   Alcalde
José Varela Oubiña Cambados Encarcerado   Concelleiro
Manuel Padín Rey Cambados Encarcerado   Concelleiro
Peregrino Pontevedra González Cambados Asasinado   Concelleiro
Ramón Trigo Domínguez Cambados Encarcerado   Concelleiro
Adolfo Caeiro García Campo Lameiro Encarcerado Concelleiro Concelleiro
José Campos Villar Campo Lameiro Encarcerado Alcalde Alcalde
Agustín Jorge Echeverri Cangas Execución de pena de morte Concelleiro Alcalde
Ángel Fernández del Río Cangas Encarcerado   Concelleiro
Antonio Varela Vázquez Cangas Encarcerado   Concelleiro
Francisco Secundino Martínez Rodríguez Cangas Procesado   Concelleiro
Jesús Barreiro Martínez Cangas Encarcerado   Concelleiro
José Modesto Rodal Lanzós Cangas Encarcerado   Concelleiro
Lorenzo Santiago Victoriano Corbacho Rodal Cangas Encarcerado Concelleiro  
Manuel Sotelo Suárez Cangas Procesado   Concelleiro
Ramón Costas Otero Cangas Procesado   Concelleiro
Antonio González Fernández Cañiza, A Encarcerado   Concelleiro
Domiciano Giráldez Vallejo Cañiza, A Procesado Concelleiro  
Domingo Filgueira Araujo Cañiza, A Procesado   Concelleiro
Enrique Giráldez Piña Cañiza, A Procesado   Concelleiro
Germán Teijeira Moure Cañiza, A Encarcerado Concelleiro  
Justo Moure Giráldez Cañiza, A Execución de pena de morte   Concelleiro
Manuel Pérez Álvarez Cañiza, A Procesado   Concelleiro
María Gómez González Cañiza, A Encarcerada   Alcaldesa
Ramón Pérez Lorenzo Cañiza, A Procesado Concelleiro  
Antonio Gómez López Carbia Execución de pena de morte   Concelleiro
Benjamín Salgado Uribe Carbia Fuxido Alcalde Alcalde
Manuel Souto Penas Carbia Encarcerado   Concelleiro
Jesús Bugallo Merza Cerdedo Fuxido Concelleiro Concelleiro
Luciano García Ventín Cerdedo Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Manuel Gamallo Bugallo Cerdedo Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Sabino Bugallo Valiñas Cerdedo Fuxido Concelleiro  
Severino Bugallo Valiñas Cerdedo Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Teófilo Otero Valiñas Cerdedo Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Francisco Ferreiro Álvarez Cerdedo Sancionado Concelleiro  
Antonio Pousada Pérez Cotobade Procesado Alcalde Alcalde
Frutos Burgos Ramos Covelo Exiliado Alcalde  
Agustín Pérez Alonso Crecente Procesado   Alcalde
Manuel Rodríguez Sangiao Cuntis Asasinado Alcalde Alcalde
Albino Chao Coto Estrada, A Procesado Concelleiro  
Jesús Ignacio Puente Fontanes Estrada, A Execución de pena de morte Concelleiro Alcalde
José M.ª Generoso Gómez Rivas Estrada, A Execución de pena de morte Concelleiro Concelleiro
José M.ª Pena López Estrada, A Execución de pena de morte Concelleiro  
José Rodríguez Sangiao Estrada, A Execución de pena de morte   Concelleiro
Manuel Campos Vázquez Estrada, A Execución de pena de morte   Concelleiro
Manuel Coto Chan Estrada, A Encarcerado   Concelleiro
Ramón Fernández Rico Estrada, A Execución de pena de morte   Concelleiro
Senén Goldar Rodríguez Estrada, A Encarcerado   Concelleiro
Alfredo Iglesias Álvarez Forcarei Encarcerado   Concelleiro
José Graña Gulías Forcarei Encarcerado   Concelleiro
José M.ª Taberneiro Fraiz Forcarei Asasinado   Concelleiro
Sabino Mariño Pereira Forcarei Sancionado Alcalde Alcalde
Manuel Bugallo Iglesias Forcarei Exiliado   Concelleiro
Donoso Rodríguez Mariño Forcarei Encarcerado Concelleiro  
Manuel Vieitez Firvida Forcarei Encarcerado   Concelleiro
José Cribeiro González Gondomar Sancionado Alcalde, concelleiro  
José Pequeño Rodríguez Gondomar Procesado Alcalde, concelleiro Alcalde
José Vargas Lorenzo Gondomar Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Rogelio Lorenzo González Gondomar Procesado Concelleiro Concelleiro
Anselmo Benavides Fernández Grove, O Encarcerado   Concelleiro
Jacobo Barral Otero Grove, O Encarcerado   Alcalde
Roque Camilo Carrero Lorenzo Guarda, A Execución de pena de morte Concelleiro  
Eduardo Pantaleón Saúl Guarda, A Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Enrique Vicente Silva Guarda, A Encarcerado   Concelleiro
Honorio Brasilino Álvarez Sobrino Guarda, A Execución de pena de morte Concelleiro Alcalde
Juan Noya Gil Guarda, A Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Juliano Díez Álvarez Guarda, A Execución de pena de morte   Concelleiro
Manuel Noya Gil Guarda, A Asasinado   Concelleiro
Ramiro Alfonso Castro Dono Guarda, A Fuxido   Concelleiro
Antonio Jar Dobarro Lalín Procesado Concelleiro Concelleiro
Jesús Golmar Rodríguez Lalín Encarcerado   Alcalde
José Blanco Otero Lalín Encarcerado Concelleiro  
José Rodríguez Silva Lalín Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Luis Frade Pazos Lalín Asasinado Concelleiro Concelleiro
Manuel Ferreiro Panadeiro Lalín Execución de pena de morte Alcalde Alcalde
Marcelino García Villar Lalín Procesado Concelleiro  
Celso Justo Rivas Lama, A Sancionado Concelleiro  
Antonio Alonso Villar Lavadores Asasinado Concelleiro  
Eugenio González Alonso Lavadores Asasinado Concelleiro Concelleiro
José Antela Conde Lavadores Execución de pena de morte Alcalde Alcalde
José Caride Fernández Lavadores Asasinado Concelleiro Concelleiro
Ramiro Gil Rial Lavadores Procesado Concelleiro Concelleiro
Agustín Rey Fonseca Marín Sancionado Alcalde Concelleiro
Antonio Blanco Solla Marín Execución de pena de morte Concelleiro Alcalde
Gonzalo Martín March Marín Execución de pena de morte Alcalde  
Luis Santiago Graña Marín Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Camilo Abal López Meis Encarcerado   Concelleiro
Manuel Barros Torres Meis Encarcerado Concelleiro  
José Manuel Arribas Hermida Meis Encarcerado   Alcalde
Hilario Vidal Fernández Meis Exiliado   Concelleiro
Balbino Costa Corrales Moaña Exiliado Concelleiro Concelleiro
Francisco Fernández Moaña Asasinado Concelleiro Concelleiro
José Fandiño Pidre Moaña Execución de pena de morte   Alcalde
José Paz Pena Moaña Asasinado Concelleiro  
José Saavedra Sartié Moaña Asasinado   Concelleiro
Antonio Alfaya Muñoz Mondariz Encarcerado Concelleiro  
Dalmiro Mariño Blanco Mondariz Asasinado Concelleiro Concelleiro
José Troncoso Faro Mondariz Procesado   Alcalde
Severo Paramés Mondariz Asasinado   Concelleiro
José González Taboas Mondariz Asasinado   Concelleiro
José Barcia Mondariz-Balneario Asasinado   Concelleiro
José Montans Moraña Sancionado   Concelleiro
Amante Pereiro Bernárdez Mos Encarcerado Concelleiro  
Fermín Quijeiro González Mos Asasinado   Concelleiro
José Ricón Fernández Mos Exiliado Concelleiro  
Salustiano Romero Rodríguez Mos Encarcerado   Concelleiro
Segundo Pampillón Rodríguez Mos Procesado   Alcalde
Juan Pérez Alonso Neves, As Sancionado Concelleiro  
Joaquín Iglesias Portela Nigrán Asasinado Concelleiro Concelleiro
Manuel Alonso González Nigrán Procesado Alcalde, concelleiro Alcalde
Manuel Sanromán García Nigrán Procesado Concelleiro Concelleiro
Manuel Jesús Juncal Paredes Pazos de Borbén Asasinado Alcalde Alcalde
Joaquín Briones Barca Ponte Caldelas Sancionado Concelleiro  
Elías Malvar Graña Ponte Sampaio Sancionado Alcalde  
Antonio Barbeito Pérez Ponteareas Exiliado   Concelleiro
Benito Casasnovas Rodríguez Ponteareas Procesado Concelleiro Alcalde, Concelleiro
Francisco González Martínez Ponteareas Asasinado   Concelleiro
Manuel Piñeiro Groba Ponteareas Sancionado Concelleiro Concelleiro
Ramón Troncoso Fernández Ponteareas Procesado Concelleiro Concelleiro
Ricardo Boente Carrera Ponteareas Exiliado   Concelleiro
Juan Jeremías Montero Pontecesures Exiliado Alcalde  
Alberto Martínez Tiscar Pontevedra Asasinado Concelleiro Concelleiro
Arturo Rey Juncal Pontevedra Encarcerado Concelleiro  
Bibiano Fernández Osorio-Tafall Pontevedra Exiliado Alcalde Alcalde
Francisco Tilve Rodríguez Pontevedra Encarcerado Concelleiro Concelleiro
José Gallego Acuña Pontevedra Asasinado Concelleiro Concelleiro
Manuel Gama Casalderrey Pontevedra Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Manuel García Filgueira Pontevedra Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Cándido Pereiro Trelles Porriño, O Procesado Concelleiro Alcalde
Eduardo Fernández Miniño Porriño, O Asasinado   Concelleiro
José Cordal Yáñez Porriño, O Asasinado Concelleiro Concelleiro
José Juan Teijeira Coto Porriño, O Asasinado   Concelleiro
José Rey Rodríguez Porriño, O Encarcerado   Concelleiro
José Rodríguez Ríos Porriño, O Encarcerado   Concelleiro
Ramón Pérez Cabaleiro Porriño, O Asasinado   Concelleiro
Arturo Domínguez Sartorio Redondela Procesado Concelleiro  
Francisco Darriba Pérez Redondela Encarcerado Concelleiro  
Joaquín Pais Lloréns Redondela Sancionado Alcalde  
Ramón Broullón Chapela Redondela Procesado Concelleiro  
Serafín Alonso Veiga Redondela Sancionado Alcalde  
Manuel Mougán Alfonsín Ribadumia Encarcerado   Concelleiro
Miguel Alba Fernández Ribadumia Encarcerado Concelleiro Alcalde
Ramón Serantes Padín Ribadumia Encarcerado Concelleiro  
Manuel Nogueira Cruces Rosal, O Asasinado   Concelleiro
Francisco Fandiño Piñeiro Salceda de Caselas Execución de pena de morte   Concelleiro
José Ramírez Vila Salceda de Caselas Asasinado   Concelleiro
Abundio Ledo Gómez Salvaterra de Miño Procesado Concelleiro Concelleiro
Jesús Pino Valado Salvaterra de Miño Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Manuel Mariño Méndez Salvaterra de Miño Exiliado Alcalde Alcalde
Teodoro Otero Reboredo Sanxenxo Procesado Alcalde Alcalde
Vicente Lores Cordo Sanxenxo Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Emilio Deogracias Alonso Paz Silleda Execución de pena de morte    
José Moreira Espiño Silleda Procesado    
Juan Fontao Varela Silleda Encarcerado    
Manuel Sánchez Mallo Silleda Encarcerado    
Julio Quirós Estévez Teis Procesado   Alcalde
Francisco Rodríguez Otero Tomiño Asasinado Alcalde, concelleiro  
Manuel Piñeiro Zúñiga Tomiño Asasinado Concelleiro Concelleiro
Manuel Vicente Alonso Tomiño Encarcerado Concelleiro Alcalde
Daniel Calzado Poceiro Tomiño Exiliado Concelleiro  
Domingo Páramos Núñez Tui Asasinado Concelleiro Concelleiro
Florencio Freiria Pumar Tui Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Francisco Guinde Puente Tui Execución de pena de morte   Concelleiro
Guillermo Vicente de Santiago Tui Procesado Concelleiro Concelleiro
Gumersindo Rodríguez Costas Tui Asasinado   Concelleiro
José Garra Garra Tui Procesado Alcalde, concelleiro Alcalde
José Pérez Alonso Tui Execución de pena de morte Concelleiro Alcalde
Serafín Piñeiro Alonso Tui Encarcerado Concelleiro  
Rogelio Páramos Gándara Tui Asasinado Concelleiro Concelleiro
Celestino Carbia Campaña Valga Execución de pena de morte Concelleiro Alcalde
Leoncio Viñas Menéndez Valga Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Francisco Vázquez Rey Valga Exiliado Concelleiro Concelleiro
Antonio Carballo Vázquez Vigo Execución de pena de morte Concelleiro Concelleiro
Egdunio de Castro González Vigo Procesado Concelleiro  
Emilio Martínez Garrido Vigo Execución de pena de morte Alcalde Alcalde
Enrique Blein Budiño Vigo Fuxido Alcalde Concelleiro
Ignacio Seoane Fernández Vigo Execución de pena de morte Concelleiro Concelleiro
José Caldas Iglesias Vigo Execución de pena de morte Concelleiro Concelleiro
Ramón González Brunet Vigo Execución de pena de morte Concelleiro Concelleiro
Waldo Gil Santosegui Vigo Execución de pena de morte Concelleiro Concelleiro
Avelino Ríos Carracelas Vilaboa Procesado Concelleiro Concelleiro
Celestino Arosa Sanmartín Vilaboa Procesado Concelleiro Concelleiro
Emilio Conde Conde Vilaboa Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Manuel Pérez Curra Vilaboa Encarcerado Concelleiro  
Manuel Rodríguez Ríos Vilaboa Encarcerado Concelleiro Concelleiro
Paulo Novás Souto Vilaboa Execución de pena de morte Alcalde  
Elpidio Villaverde Rey Vilagarcía de Arousa Fuxido Alcalde Concelleiro
Jesús Villaverde Rey Vilagarcía de Arousa Encarcerado Concelleiro Concelleiro
José Franco Bua Vilagarcía de Arousa Procesado Concelleiro Concelleiro
José Otero Lago Vilagarcía de Arousa Asasinado Concelleiro Concelleiro
Manuel Oubiña López Vilagarcía de Arousa Asasinado Concelleiro Concelleiro
Valentín Briones Rey Vilagarcía de Arousa Encarcerado Concelleiro Alcalde
Francisco Reiriz Lago Vilanova de Arousa Execución de pena de morte   Concelleiro
Manuel Chaves Dios Vilanova de Arousa Execución de pena de morte   Concelleiro