Xornada: A Axenda 2030 e o Papel das Mulleres na Administración Pública do Futuro

 

 

Xornada: A Axenda 2030 e o Papel das Mulleres na Administración Pública do Futuro

A Axenda 2030 é un plan de acción en favor das persoas, o planeta e a prosperidade desenvolvido polas Nacións Unidas ao que están chamados os gobernos, non só os nacionais senón tamén as autoridades rexionais e locais e a sociedade civil no seu conxunto. Co obxecto de facer realidade o cumprimento dos dereitos humanos de todas as persoas e acadar a igualdade de xénero polo camiño do empoderamento das mulleres e das nenas, a Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela, organiza a xornada A Axenda 2030 e o Papel das Mulleres na Administración Pública do Futuro, co fin de mobilizar o talento das mulleres na Administración pública, atendendo ás súas principais dimensións para visualizar e debater sobre o papel que tivo a muller, o que ten e, sobre todo, o que debe ter no futuro. Para iso organízanse catro mesas redondas sectoriais nas que se van tratar os seguintes temas:

  • "O papel das mulleres no liderado dos servizos sociosanitarios" (ODS 3 e 8)
  • "O papel das mulleres en prol da investigación e da educación pública de calidade" (ODS 4, 16)
  • "O liderado feminino na Administración e o seu avance cara a unha igualdade real" (ODS 5, 10)
  • "Cidades sostibles: un reto para o liderado feminino no mundo local na procura de institucións sólidas" (ODS 11, 13)

Ademais, haberá mesas de apertura e peche nas que participarán mulleres en primeira liña política e da Administración para apoiar o papel da Deputación de Pontevedra no seu compromiso coa igualdade real das mulleres, no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

A xornada está dirixida ao público en xeral, ao persoal do sector público e a todas as persoas profesionais que estean interesadas no tema da igualdade de xénero.

Programa

Xoves 22 de abril
 

  • ODS 8
  • ODS 3

 De 9:30 a 10:00 h Mesa de apertura: "A Axenda 2030 e o papel das mulleres na Administración pública do futuro"

 
  • ODS 4
  • ODS 16

De 10:00 a 11:30 h Mesa 1: "O papel das mulleres no liderado dos servizos sociosanitarios"

 

De 12:00 a 13:30 h Mesa 2: "O papel das mulleres en prol da investigación e da educación pública de calidade"

Xoves 29 de abril
 

De 09:30 a 09:45 h Bienvenida de María Cadaval, directora de la catedra Iberoamericana de la USC y Mª Xosé Rodriguez Galdo, directora de la jornada

 
  • ODS 5
  • ODS 10

De 9:45 a 11:00 h Mesa 3: "O liderado feminino na Administración e o seu avance cara unha igualdade real"

 
  • ODS 11
  • ODS 13

De 11:30 a 13:00 h Mesa 4: "Cidades sostibles: un reto para o liderado feminino no mundo local na procura de institucións sólidas"

 

De 13:00 a 13:30 h Mesa de clausura: "O papel das mulleres na Administración pública ante a Axenda 2030"

  • M.ª Teresa Fernández de la Vega, presidenta do Consello de Estado
  • Consuelo Castro Rey, avogada xeral do Estado
  • Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra
  • M.ª Xosé Rodríguez Galdo, directora da xornada
  • María Cadaval Sampedro, directora da Cátedra Iberoamericana da USC

 

Relatoras

Última modificación: venres, 30 abril 2021