Jornada nueva Ley de contratos

Xornada práctica sobre a aplicación da nova Lei de Contratos do Sector Público no ámbito local

A nova Lei 9/2017 esíxelles ás e aos profesionais do sector ampliar a súa formación nesta materia, polo que resulta transcendental coñecer as claves para unha aproximación a este novo texto lexislativo, identificando deste xeito as súas novidades e as súas diferenzas coa anterior regulación.

Como solución a estas necesidades impostas pola nova lexislación de contratos públicos, na xornada analizaranse as novidades da nova regulación sobre contratos públicos, o que proporcionará unha formación específica para persoal especializado na práctica do Dereito da Contratación Pública.

Esta xornada permitirá obter unha completa formación e coñecer, dunha forma clara e desde un enfoque práctico, cales son as novidades do novo dereito dos contratos públicos, de maneira que ao finalizar o curso as persoas asistentes coñecerán cales son as novidades da nova normativa de contratación administrativa e as solucións coas que poden afrontar estes cambios.

 

PROGRAMA

8:45 h Recepción das persoas asistentes
9:00 h Presentación da xornada

  • Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación Provincial
  • Carlos López Font, deputado delegado en contratación
  • Pablo Montero Carrera, xefe do Servizo de Contratación
  • Jaime Pintos Santiago, director da xornada

9:30 h Marco legal aplicable e novidades clave para o ámbito local na Lei 9/2017
Jaime Pintos Santiago
, avogado consultor en contratación pública, profesor do máster en Dereito da Contratación Pública da UCLM, funcionario de carreira en excedencia do corpo xurídico
11:30 h Pausa
12:00 h Primeira liña de actuación

"Os aspectos sociais, ambientais e de innovación no novo sistema de contratación pública"
Bernabé Palacín Sáenz, director xeral de Contratación, Responsabilidade Social e Servizos Comunitarios do Concello de Logroño
13:00 h Segunda liña de actuación
"Simplificación, redución de prazos e novos procedementos na Lei de contratos do sector público"
M.ª Asunción Sanmartín Mora, xefa do Servizo de Xestión Económica e Contratación no Goberno de Aragón

14:00 h Pausa para xantar
16:00 h Terceira liña de actuación

"Transparencia e integridade na contratación administrativa"
Concepción Campos Acuña, secretaria do Goberno local do Concello de Vigo, codirectora da Rede Localis, directiva pública profesional
17:00 h Cuarta liña de actuación
"Licitación electrónica e modernización dos municipios"
Fernando Álvarez García, xefe do Servizo de Planificación e Modernización do Concello de Xixón

18:00 h Clausura da xornada
Carlos López Font, deputado delegado en Contratación

Vídeos
  • 12/04/2018  Xornada sobre a Lei de Contratos. Terceira e cuarta liña de actuación

  • 12/04/2018  Xornada sobre a Lei de Contratos. Primeira e segunda liña de actuación

  • 12/04/2018  Xornada sobre a Lei de Contratos. Intervención de Carmela Silva

  • 12/04/2018  Xornada sobre a Lei de Contratos. Intervención de Jaime Pintos Santiago

12-04-2017 Xornada Sobre a Lei de Contratos

Relatores