Xornada sobre retos empresariais ante a información non financeira

Xornada sobre retos empresariais ante a información non financeira

A finais de decembro de 2018 aprobouse a Lei de información non financeira e diversidade. Trátase dunha trasposición dunha directiva europea na liña da implantación de políticas de responsabilidade social que incorporou empresas que estaban á marxe deste debate e que vai obrigalas a dar información pública. Isto supón posicionarse ante o mercado e a opinión pública, o que pode ter consecuencias para a reputación e valoración da empresa pero tamén representa unha oportunidade para ela.

Aínda que para as grandes empresas é unha obriga, a tendencia –en canto a boas prácticas ou incorporación aos obxectivos da axenda de desenvolvemento global– extrapólase tamén ás startups e micropemes, e supón unha oportunidade en canto ao seu posicionamento nun mundo global. Por iso, as e os emprendedores e empresas deben coñecer de primeira man como abordar este novo reto.

Por este motivo, a Fundación INCYDE, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, ofrece a posibilidade de participar gratuitamente nunha xornada informativa impartida por M.ª Pilar Pin Vega e na que se abordarán todos estes aspectos, tanto de contido coma metodolóxicos, que representa este novo contexto, así como as expectativas que se abren.

Última modificación: Monday, 03 June 2019

Formulario de inscrición

 
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.

Os campos marcados con * son obrigatorios