II Xornada TurisTIC de Pontevedra
10 de abril de 2019
Museo Verbum de Vigo
O museo Verbum de Vigo acolleu a II Xornada TurisTIC, organizada pola Deputación de Pontevedra, que ten por obxectivos impulsar a competitividade do sector turístico e incrementar a aposta por solucións tecnolóxicas para mellorar a súa xestión, accesibilidade e sustentabilidade. O interese pola xornada desbordou todas as previsións e, de feito, a institución tivo que ampliar a capacidade da sala para dar cabida ás 200 persoas especialistas e representantes dos concellos da provincia que mostraron a súa disposición a participar nun evento que converte a provincia de Pontevedra nun referente no debate sobre os destinos turísticos intelixentes.
A edición deste ano de TurisTIC introduciu como novidade o Centro de Demostración de Solucións Tecnolóxicas, que pretende servir de escaparate ao tecido empresarial e que logrou ocupar xa os 15 expositores ofertados. Neste punto as persoas participantes poderán interactuar e expor as súas solucións ao resto do sector turístico da provincia.
TurisTIC é unha iniciativa, enmarcada nas liñas do Plan estratéxico de turismo, para seguir apostando por un turismo de calidade, sustentable e innovador, que se referenda coa nova posición da Deputación de Pontevedra como única entidade galega que é integrante da Comisión Executiva da Rede Nacional de Destinos Turísticos Intelixentes, organismo que definirá o modelo de turismo do futuro.
Enlaces
Última modificación: martes, 02 xullo 2019
-
O vangardista proxecto tecnolóxico "Desafío Domingo Fontán" vencedor do I Hackathon DESTInno da Deputación das II Xornadas Turistic
10 de abril de 2019 -
O turismo intelixente, a innovación e o talento protagonistas das II Xornadas TurisTIC da Deputación que enchen o museo Verbum en Vigo
10 de abril de 2019 -
Todo preparado no Verbum de Vigo para a II Xornada TurisTIC na que referentes do sector de todo o Estado debaterán sobre turismo intelixente
09 de abril de 2019 -
O museo Verbum de Vigo acollerá o próximo mércores a II Xornada Turistic na que referentes do sector de todo o Estado debateran sobre turismo intelixente
06 de abril de 2019 -
Carmela Silva: "na nosa aposta pola modernización e innovación turística é fundamental traballar da man co sector, sumando sinerxias e camiñando á par"
14 de marzo de 2019 -
Carmela Silva: "avanzamos con paso firme para converter a provincia de Pontevedra nun destino turístico intelixente"
07 de marzo de 2019 -
Carmela Silva anuncia a apertura do prazo de solicitude para participar na segunda edición da aceleradora de empresas turísticas da provincia
05 de febreiro de 2019