Xornada TurisTIC

I Xornada TurisTIC de Pontevedra

24 de outubro de 2018

O castelo de Soutomaior acolleu a primeira xornada TurisTIC da Deputación baixo o lema "Impacto das Novas Tecnoloxías no Sector Turístico"

As personalidades máis relevantes do panorama nacional daranse cita en Soutomaior para avanzar sobre o novo turismo do século XXI, innovación e novas tecnoloxías

O obxectivo da xornada é crear un punto de encontro para analizar e informar sobre as oportunidades do emprego das TIC nas empresas turísticas, que favorecen a evolución cara novos modelos de negocio. Neste eido, na xornada abordaranse temas relacionados co novo turismo do século XXI, a innovación como motor de cambio do sector, a mellora da experiencia do visitante e a fidelización de turistas, o impacto das TIC no sector e a evolución da comunicación turística.

Entre as persoas encargadas de impartir conferencias mañá en Soutomaior destaca Raúl Jiménez, fundador de CEO de Minube; Meritxell Marcos, directora de Paradores de Pontevedra e Cambados; Víctor Longo, CEO de Partee; Chiú Longuina, CEO de Pumpún Dixital; Xoel Vázquez, CEO de Xoia Software; Susana Pérez, presidenta de Empresarias de Galicia; Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia; Mar Rodríguez, CEO de Teetravel; Cristina Collazo, CEO de Volta Montana; Alberto Ribas, blogger de Alvientooo; Leticia Pérez, de GaliciaTB; Alberto Traversa, coeditor de La Alacena Roja; Carmen Delia Díaz, CEO de Escapalandia.com; e Carlos Romero, director de I+D+i de Segittur.

Ademais, no marco da xornada, a partir das 17:00 horas, a presidenta Carmela Silva, xunto aos deputados Javier Dios e Santos Héctor, farán entrega dos primeiros premios ao Talento Turístico da provincia de Pontevedra que contan con cinco modalidades: Talento Turístico Sustentable, Talento Turístico Innovador, Talento Turístico Gastronómico, Talento Turístico Experiencial e Talento Turístico TIC.

A xornada Impacto das Novas Tecnoloxías no Sector Turístico enmárcase na iniciativa da Deputación de Pontevedra TurisTIC. A través deste programa, e partindo das obxectivos do Plan estratéxico de turismo, o Goberno de Carmela Silva pretende potenciar e axudar ao sector turístico provincial na súa adaptación ao entorno dixital para mellorar a súa competitividade.

Programa (pdf)

Última modificación: Thursday, 25 October 2018

Vídeos

I Xornada TurisTIC 2018

   


24-10-2018 Xornada TurisTIC

1 - 5 de 5 albumes existentes

  • A innovación como motor do cambio no sector turístico. Raúl Jiménez
    A innovación como motor do cambio no sector turístico. Raúl Jiménez
  • Visita guiada
    Visita guiada
  • Evolución da comunicación turística
    Evolución da comunicación turística
  • Mellora da experiencia do visitante e fidelización de turistas
    Mellora da experiencia do visitante e fidelización de turistas
  • Presentación
    Presentación