Aberto o prazo para o aboamento das taxas municipais de 2026 (primeiro trimestre)

05/02/2026

Desde o 5 de febreiro ata o 6 de abril está aberto o prazo para o aboamento das taxas municipais de 2026 (primeiro trimestre).

Se non ten o seu recibo de pagamento, lembre que pode obtelo e así evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:

Información sobre as domiciliacións

O 5 de marzo cargaranse (na conta) os recibos domiciliados polo seu importe total.

A partir do día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario, o ORAL fará efectiva a cobranza a través da vía de constrinximento, incluídos os xuros de demora e as recargas que procedan, no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar custos innecesarios.

Tramitación da domiciliación

  • Na Oficina Virtual Tributaria (OVT), de xeito sinxelo, rápido e seguro
  • Na súa entidade bancaria, mediante a solicitude correspondente
  • De xeito presencial, na nosa rede de oficinas
  • Por teléfono, a través do noso Centro de Atención Telefónica (886 211 400 e 886 211 420)
  • Por correo, no enderezo informacion.oral@depo.gal

Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas e así evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa: