Aberto o prazo para o aboamento das liquidacións derivadas dos procedementos simplificados de valoración colectiva (PSVC) nos concellos de Mondariz e Silleda
03/02/2026
Desde o 3 de febreiro ata o 7 de abril está aberto o prazo para o aboamento das liquidacións derivadas dos procedementos simplificados de valoración colectiva (PSVC) que a Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra realizou nos concellos de Mondariz e Silleda.
Se non ten o seu recibo de pagamento, lembre que pode obtelo e así evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:
- En https://ovt.depo.gal
- No correo informacion.oral@depo.gal
- Nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420
- En calquera das nosas oficinas de atención presencial
A partir do día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario, o ORAL fará efectiva a cobranza a través da vía de constrinximento, incluídos os xuros de demora e as recargas que procedan, no seu caso.
Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas e así evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa:
- Na web do ORAL: https:/oral.depo.gal
- Na OVT: https://ovt.depo.gal
- Na Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia
- Nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420