Actualidade tributaria: A cesión de datos a outras administracións, consonte ao artigo 95.1 da Lei xeral tributaria, só pode ter fins tributarios
25/08/2025
O Tribunal Supremo (sentenza núm. 643/2025, de 27 de maio) reiterou na súa xurisprudencia que os datos tributarios dos que dispón a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) non poden ser cedidos a outras administracións públicas para outros fins que non sexan tributarios (por exemplo, o procedemento administrativo sancionador), salvo que se teña o consentimento previo da persoa interesada.
O Tribunal Supremo conclúe que non cabe empregar os datos tributarios cedidos pola AEAT en virtude do artigo 95.1 da Lei xeral tributaria, xa que estes non se empregaron para un fin tributario e a devandita cesión se fixo sen consentimento da persoa interesada e con base nunha solicitude á AEAT equívoca.