Consentimento en entradas a domicilio no procedemento inspector

Sentenza do Tribunal Supremo núm. 309/2026, de 12 de marzo de 2026, Recurso de casación 8616/2023

11/05/2026

O Tribunal Supremo resolve que, nas entradas da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) no domicilio constitucionalmente protexido (artigo 18.2 da Constitución española), non abonda con entregar un anexo informativo que cite os artigos 113 e 142 da Lei xeral tributaria se non informa expresamente de que a persoa titular pode negar a entrada e revogar o consentimento en calquera momento.

A Sala indica que a carga de probar que o consentimento foi libre, espontáneo e informado recae na Administración, e que as dilixencias asinadas acreditan a ausencia de oposición, pero non que a persoa interesada soubese que podería opoñerse.

Ao apreciar un posible erro no consentimento por información insuficiente, declara que as probas obtidas na entrada están viciadas e, en consecuencia, anula as liquidacións e a sanción derivadas por lesión do dereito fundamental á inviolabilidade do domicilio.