Aberto o prazo para o aboamento das liquidacións derivadas dos procedementos simplificados de valoración colectiva (PSVC) nos concellos de Ponteareas, Silleda e Valga
02/10/2026
Desde o 2 de outubro ata o 4 de decembro está aberto o prazo para o aboamento das liquidacións derivadas dos procedementos simplificados de valoración colectiva (PSVC) que a Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra realizou nos concellos de Ponteareas, Silleda e Valga.
Se non ten o seu recibo de pagamento, lembre que pode obtelo e así evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:
- En https://ovt.depo.gal
- No correo informacion.oral@depo.gal
- Nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420
- En calquera das nosas oficinas de atención presencial
A partir do día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario, o ORAL fará efectiva a cobranza a través da vía de constrinximento, incluídos os xuros de demora e as recargas que procedan, no seu caso.
Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas e así evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa:
- Na web do ORAL: https:/oral.depo.gal
- Na OVT: https://ovt.depo.gal
- Na Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia
- Nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420