Nulidade parcial da Ordenanza reguladora do estacionamento por vulneración do principio de igualdade
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco núm. 93/2026, de 11 de marzo de 2026, recurso 334/2025
24/08/2026
Na sentenza declárase a nulidade parcial da Ordenanza municipal reguladora do estacionamento de Lekeitio ao considerar que vulnera o principio de igualdade ao equiparar as persoas residentes en determinados municipios da contorna coas empadroadas no propio municipio, excluíndo o resto de non residentes sen unha xustificación obxectiva e proporcionada. A Sala considera lexítima a diferenciación entre residentes e non residentes para ordenar un recurso escaso como son as prazas de estacionamento, pero entende discriminatorio o trato privilexiado dispensado ás e aos habitantes de determinados municipios próximos, ao non acreditarse unha razón suficiente que xustifique esa diferenza. En consecuencia, anula unicamente os preceptos da ordenanza afectados por esa discriminación e mantén vixente o resto da regulación.