O ORAL amplía a súas delegacións asumidas: o Concello de Cerdedo-Cotobade delega a xestión tributaria de vaos e reservas de vía pública na Deputación de Pontevedra
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicouse, o 02/05/2025, a aceptación da delegación de competencias efectuada polo Concello de Cerdedo-Cotobade na Deputación de Pontevedra para que o ORAL leve a cabo as facultades íntegras de xestión tributaria e recadación da taxa pola entrada de vehículos con ou sen vao e reservas de vía pública temporais.
13/05/2025
Con esta delegación, que entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación obrigatoria no Diario Oficial de Galicia, o Concello de Cerdedo-Cotobade dá un paso importante na xestión de vaos e reservas de vía pública. Esta medida ten como obxectivo principal axilizar e optimizar o proceso ao ofrecerlle un servizo máis eficiente á cidadanía
Que vantaxes implica esta delegación?
- Optimizar e axilizar a xestión:
- A delegación ao ORAL simplificará o proceso de xestión das taxas e reducirá os tempos de tramitación.
- A cidadanía beneficiarase dunha atención máis eficiente a través das canles especializadas do ORAL.
- Comodidade, transparencia e accesibilidade:
- O pago de taxas simplificarase grazas ás diversas opcións de pagamento que ofrece o ORAL.
- A cidadanía terá acceso directo e claro a toda a información relevante ofrecida polo ORAL.
- Aforro de custos e mellora na recadación:
- O Concello reducirá os custos operativos asociados á xestión das taxas.
- O ORAL, coa súa experiencia, optimizará a recadación e centralizará e axilizará os pagamentos.
O ORAL conta na actualidade cunha ampla experiencia na tramitación e recadación deste tipo de procedementos. Con esta delegación de Cerdedo-Cotobade, xa son un total de 31 municipios os que xestiona nesta materia, polo que supoñerá un importante avance na xestión destas taxas neste Concello e impactará positivamente na calidade do servizo ofrecido á cidadanía.