Revogación da bonificación do IVTM por débedas pendentes co Concello
Subdirección Xeral de Tributos Locais, consulta núm. 0010-25, de 11 de decembro de 2025
13/04/2026
Consúltase se é correcta a revogación dunha bonificación do imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) concedida a un vehículo de cero emisións debido á existencia de débedas co Concello, concretamente unha multa de tráfico. A Dirección Xeral de Tributos lembra que estas bonificacións están reguladas nos artigos 92 e 95 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e teñen carácter potestativo, polo que só se aplican se o Concello as establece na súa ordenanza fiscal. Así, na ordenanza municipal pódense fixar os requisitos para obter ou manter a bonificación. En consecuencia, a perda da bonificación por ter débedas co Concello será conforme a dereito sempre que este requisito estea previsto na ordenanza fiscal correspondente.