Taxas e prestacións patrimoniais públicas non tributarias

Subdirección Xeral de Tributos Locais, consulta vinculante núm. V0418-26, de 26 de febreiro de 2026

27/07/2026

Na consulta analízase a natureza xurídica da contraprestación esixida polo servizo municipal de recollida e xestión de residuos cando este se presta parcialmente con medios propios e parcialmente mediante empresas contratistas. A Subdirección Xeral de Tributos Locais (SXTL) conclúe que o criterio determinante non é quen executa materialmente parte do servizo, senón quen o presta efectivamente fronte ás persoas usuarias e asume o risco da actividade, a xestión do servizo e a recadación da contraprestación. Se o servizo é prestado e cobrado polo propio Concello, a contraprestación terá natureza de taxa; pola contra, se a prestación lle corresponde efectivamente a unha entidade con personalidade diferenciada ou a unha concesionaria, terá a consideración de prestación patrimonial de carácter público non tributario (PPPNT). Na consulta sublíñase que a mera participación dunha empresa contratista non permite, por si soa, cualificar a contraprestación como taxa ou como PPPNT.