null Noticia -reunion con aproema 22-06-2026

A Sección de Residuos da Deputación de Pontevedra e APROEMA avanzan na cooperación na xestión de residuos

​​​​​​​

22/06/2026

Persoal técnico do SEVIC reuniuse coa presidenta de APROEMA

Persoal técnico da Sección de Residuos da Deputación de Pontevedra, no marco do Servizo de Vixilancia, Inspección e Control de Residuos (SEVIC), e a xerente, Sara Domínguez, e a presidenta, Arancha Mañas, da Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA), mantiveron unha xuntanza de traballo para explorar vías de colaboración na mellora da xestión dos residuos na provincia.

O encontro permitiu poñer en común a actividade de ambas as partes e identificar liñas de traballo conxunto, con especial atención ao residuo comercial e á información e ao acompañamento do tecido empresarial. Tanto o SEVIC coma APROEMA coincidiron no valor dun enfoque baseado na información e na formación, orientado a axudar os comercios, os establecementos e as empresas a xestionar correctamente os seus residuos.

Ambas as partes destacaron o interese en sumar a experiencia do sector e a do servizo público para ofrecer un discurso común e máis próximo ás persoas e ás empresas, evitando duplicidades e facilitando o cumprimento das súas obrigas.

A reunión rematou coa vontade de darlle continuidade á colaboración a través de novos encontros nas vindeiras semanas, así como de implicar outras asociacións empresariais do territorio.