Encontro das técnicas da Sección de Residuos co alcalde de Mondariz Balneario, no marco do SEVIC
19/06/2026
Dúas técnicas da Sección de Residuos da Deputación de Pontevedra reuníronse co alcalde de Mondariz Balneario, César Gil, no marco das xuntanzas de coordinación que o Servizo de Vixilancia, Inspección e Control (SEVIC) vén mantendo cos concellos da provincia adheridos ao servizo.
No encontro tratáronse cuestións de organización e planificáronse as próximas visitas previstas ao comercio do municipio, dentro da colaboración entre o concello e o servizo provincial en materia de xestión de residuos.
