Natureza xurídica das comunicacións previas e das declaracións responsables
Sentenza do Tribunal Supremo núm. 473/2026, de 20 de abril de 2026, recurso de casación 2290/2023
13/07/2026
O Supremo resolve que a comunicación previa de inicio dunha actividade non constitúe un acto administrativo, senón unha manifestación da persoa particular que lle permite iniciar a actividade desde a súa presentación, sen necesidade dunha autorización expresa da Administración. O Tribunal Supremo destaca que as comunicacións previas e as declaracións responsables substitúen o control previo por un control administrativo posterior, polo que non son susceptibles de recurso administrativo ou contencioso-administrativo por si mesmas. A fiscalización xurídica debe recaer sobre os actos de comprobación, inspección ou control que posteriormente dite a Administración..