Aberto o prazo para o aboamento das TAXAS MUNICIPAIS 2025 primeiro trimestre

05/02/2025

Desde o 5 de febreiro ata o 7 de abril está aberto o prazo para o aboamento das TAXAS MUNICIPAIS 2025 – primeiro trimestre.

Se non ten o seu recibo de pagamento recorde que, pode obtelo e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:

Información sobre as domiciliacións

A data do cargo en conta dos recibos domiciliados polo importe total de cada un será o día 5 de marzo.

No día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario, o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constrinximento, coa inclusión dos intereses de mora e das recargas que procedan no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar custos innecesarios.

A domiciliación tramítase:

  • Na Oficina Virtual Tributaria de xeito sinxelo, rápido e seguro
  • Na súa entidade bancaria a través da solicitude correspondente
  • De xeito presencial na nosa rede de oficinas
  • Por teléfono, a través do noso Centro de Atención Telefónica (886 211 400 y 886 211 420)

Por correo electrónico, escribindo a: informacion.oral@depo.gal

Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas e, así evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa en:

Teléfonos 886 211 400 e 886 211 420