Aberto o prazo para o pagamento do IVTM DE 2025
Desde o 22 de abril ata o 23 de xuño está aberto o prazo para o aboamento do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) correspondente ao exercicio de 2025.
22/04/2025
Se non ten o seu recibo de pagamento, lembre que pode obtelo e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:
- En https://ovt.depo.gal
- A través do correo electrónico informacion.oral@depo.gal
- Nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420
- En calquera das nosas oficinas de atención presencial
Información sobre as domiciliacións
A data de cargo en conta dos recibos domiciliados polo importe total de cada un será o 5 de maio.
A partir do día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario, o ORAL fará efectiva a cobranza a través da vía de constrinximento, coa inclusión dos xuros de demora e as recargas que procedan, no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar custos innecesarios.
Tramitación da domiciliación
- Na Oficina Virtual Tributaria, de forma sinxela, rápida e segura
- Na súa entidade bancaria, a través da solicitude correspondente
- De maneira presencial, na nosa rede de oficinas
- Por teléfono, a través do noso Centro de Atención Telefónica (886 211 400 e 886 211 420)
- Por correo electrónico, a través do enderezo informacion.oral@depo.gal
Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas e evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa en:
- Web do ORAL: https://oral.depo.gal
- OVT: https://ovt.depo.gal
- Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia
- Teléfonos: 886 211 400 e 886 211 420