Actualidade tributaria: A clasificación para efectos do imposto de actividades económicas das vivendas de uso turístico e a diferenza co alugueiro de vivendas tradicional
Na consulta vinculante do 17 de marzo de 2025 a consultante é propietaria dunha vivenda de uso turístico que arrenda a turistas ofrecendo aloxamento, cambio de sabas e limpeza á saída. Exponse se a dita actividade supón un negocio de hospedaxe ou un alugueiro tradicional.
21/07/2025
A DXT responde que para efectos do IAE debe tributar como grupo 685 "Aloxamentos turísticos extrahoteleiros", xa que é onde se deben encadrar os servizos de hospedaxe que se presten en establecementos diferentes de hoteis, moteis, hostais ou pensións, entre outros.
Esta consulta pode poñerse en relación con outra anterior do 25 de xuño de 2024 sobre esta mesma materia e na que se explica con claridade a diferenza entre a clasificación no IAE das actividades de arrendamento de inmobles e arrendamento de vivendas destinadas a fins turísticos ou vacacionais:
Neste caso a consultante é unha asociación de empresarios de hostalería cuxos asociados prestan servizos de aloxamento baixo dúas modalidades distintas. Por unha banda, a primeira delas consiste no arrendamento de inmobles mediante a prestación dalgún servizo complementario da industria hostaleira, como limpeza ou cambio de roupa, durante a estancia da ou do cliente. Doutra banda, a segunda das modalidades consiste no arrendamento de inmobles sen a prestación de servizos complementarios da industria hostaleira. En ambos os casos, as ou os titulares dos inmobles non teñen ningunha persoa contratada a xornada completa que se encargue da xestión de tales arrendamentos.
Ligazón consulta 17/03/2025:https://petete.tributos.hacienda.gob.es/consultas/?num_consulta=V0309-25
Ligazón consulta 25/06/2024:https://petete.tributos.hacienda.gob.es/consultas/?num_consulta=V1551-24