Actualidade tributaria: Derivación de responsabilidade subsidiaria do administrador cuxo cesamento non foi inscrito no rexistro

18/09/2025

Mediante un auto do Tribunal Supremo (TS) do 2 de xullo de 2025 admítese o recurso de casación polo seu interese obxectivo para a formación de xurisprudencia consistente en interpretar os artigos 41 e 43 da Lei xeral tributaria en relación co artigo 40.3 da Lei xeral de subvencións.

O recorrente manifesta a súa desconformidade coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSXA), na que o considera responsable de incumprir as condicións dunha subvención, ao consideralo administrador en activo dunha sociedade por non constar a acta do seu cesamento inscrita no rexistro correspondente, o que suporía, segundo a Sala do Contencioso-Administrativo do TSXA, que o cesamento careza de efectos fronte a terceiras persoas.

Segundo o interesado, este criterio vulneraría o recollido polo TS na súa sentenza do 14 de xuño de 2007, na que se admite que, aínda que o cesamento do administrador non conste inscrito no Rexistro Mercantil, de probarse o cesamento por outros medios, quedaría excluído de responsabilidade subsidiaria.

Ligazóns de interese