O ORAL da Deputación de Pontevedra presenta a Guía de servizos tributarios 2025
Unha ferramenta sinxela e actualizada, deseñada para facilitar o cumprimento das obrigas tributarias e brindar acceso a toda a información relevante nun só lugar
11/02/2025
Neste documento atoparás detalles sobre:
- Calendario de cobranzas: mantente ao día coas datas de pagamento dos tributos xestionados polo ORAL.
- Formas de pago: descubre as diferentes opcións dispoñibles para aboar os teus impostos de maneira cómoda e segura.
- Atención personalizada: coñece as canles de atención e como acceder á asistencia personalizada para resolver as túas dúbidas.
- Páxina web e oficina virtual tributaria: aprende a navegar pola nosa plataforma en liña e a aproveitar ao máximo os servizos dispoñibles.
- Notificacións e comunicacións electrónicas: infórmate de como recibir notificacións e comunicacións de forma electrónica.