Inicio do Procedemento Simplificado de Valoración Colectiva (PSVC) en Silleda

Apertura do trámite de audiencia para titulares catastrais

19/02/2025

O pasado 10 de febreiro a Xerencia do Catastro publicou na súa Sede electrónica o anuncio dirixido ás persoas titulares catastrais do municipio de Silleda sobre o inicio do procedemento simplificado de valoración colectiva. Este procedemento realízase en cumprimento do artigo 30.1 do Texto refundido da Lei do catastro inmobiliario (R. d. l. 1/2004, do 5 de marzo), e lévase a cabo segundo o establecido no artigo 30.2.e do mesmo texto legal.

Este procedemento implica unha revisión dos valores catastrais dos inmobles en Silleda. As persoas titulares catastrais teñen dereito a participar no proceso.

Trámite de audiencia.

Ábrese un trámite de audiencia de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio. Durante este período, as persoas interesadas poden:

  • Formular alegacións.
  • Presentar as probas que consideren pertinentes.

Como participar?

Para participar no trámite de audiencia, deberase solicitar unha cita previa na Xerencia do Catastro, situada no número 7 da rúa Andrés Muruáis de Pontevedra.

A cita pódese obter a través das seguintes vías:

Información importante:

  • Base legal: artigos 30.1 e 30.2.e do Texto refundido da Lei do catastro inmobiliario (R. d. l. 1/2004, do 5 de marzo).
  • Prazo para o trámite de audiencia: dez (10) días hábiles a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.
  • Lugar: Xerencia do Catastro, no número 4 da rúa Andrés Muruáis de Pontevedra.

Contacto

Se ten algunha dúbida, pode contactar coa liña directa do Catastro nos números que se indican máis arriba