Aberto o prazo para o aboamento das liquidacións derivadas dos Procedementos Simplificados de Valoración Colectiva (PSVC) nos concellos de Portas, Rodeiro, Soutomaior e Vilanova de Arousa

03/02/2025

Desde o 3 de febreiro ata o 4 de abril está aberto o prazo para o aboamento das liquidacións derivadas dos procedementos simplificados de valoración colectiva que a Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra realizou nos concellos de Portas, Rodeiro, Soutomaior e Vilanova de Arousa.

Se non ten a súa carta de pagamento recorde que, pode obtela e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:

A partir do día seguinte á data límite de pago en período voluntario, o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constrinximento, coa inclusión dos intereses de demora e das recargas que procedan no seu caso.

Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas e, así evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa en:

Teléfonos 886 211 400 e 886 211 420