O Concello de Forcarei publica a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial por ocupacións do subsolo, solo e voo da vía pública por parte de empresas explotadoras de servizos de subministracións
07/08/2025
O 11 de xullo de 2025 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial por ocupacións do subsolo, solo e voo da vía pública por parte de empresas explotadoras de servizos de subministracións, cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación en período voluntario e executivo está delegada no ORAL da Deputación de Pontevedra. Esta modificación comezará a aplicarse o 1 de xaneiro de 2026.
Para obter información detallada, pódese consultar o texto completo da modificación na seguinte ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/07/11/2025050607. Tamén se pode atopar información adicional sobre os tributos delegados polo Concello de Forcarei no ORAL, tipos impositivos e demais ordenanzas fiscais en https://www.depo.gal/es/web/oral/o-meu-concello.