Os créditos públicos das entidades locais tamén son exonerables
Sentenzas do Tribunal Supremo números 260/2026 e 264/2026, de 18 de febreiro de 2026
06/04/2026
A maiores, no caso de delegación na AEAT, segundo esas interpretacións, o crédito local tampouco se vería afectado, pois a devandita delegación non alteraría a competencia orixinaria (SAP de Zaragoza, secc. 5.ª, de 6 de novembro de 2023, núm. 485/2023, Recurso 249/2023 (EDX 2023/788012); e SAP de Zaragoza, de 12 de xaneiro de 2024 (id. do CENDOX: 50297370052024100005).
Nestas dúas sentenzas do pasado 18 de febreiro é cando finalmente o Alto Tribunal decide facer unha interpretación do artigo 489 do TRLC, logo da reforma recollida na Lei 16/2022, de 5 de setembro, que traspuxo a Directiva (UE) 2019/1023 sobre marcos de reestruturación preventiva e exoneración de débedas, cambiando por completo o funcionamento que se aplicaba ata este momento.
En ambas as sentenzas o TS dispón:
1.º) Todos os créditos públicos cualificados como subordinados quedan afectados pola exoneración.
2.º) A exoneración debe estenderse a toda clase de crédito de dereito público, con independencia do ente que xestione a súa recadación, co límite cuantitativo recollido na norma (exoneración íntegra dos primeiros 5.000 € e, a partir desa cifra, exoneración do 50 % do crédito, ata un máximo de 10.000 €).
3.º) Na resolución xudicial na que se acorde a exoneración débense identificar os créditos exonerados, polo que non cabe un acordo xenérico de exoneración de débedas, e será necesario que a ou o debedor detalle con claridade o activo e o pasivo e indique a orixe das débedas e a súa xustificación.
Ligazóns:
https://www.poderjudicial.es/search/TS/openDocument/a0d04e4a5210d01ca0a8778d75e36f0d/20260220 ; https://www.poderjudicial.es/search/AN/openDocument/ed7f6c468273eb17a0a8778d75e36f0d/20260220