O Concello de Ponteareas publica a modificación da Ordenanza fiscal número 23 reguladora da taxa polos servizos de prerrecollida, recollida e tratamento de lixo
09/04/2026
O 7 de abril de 2026 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a modificación da Ordenanza fiscal número 23 reguladora da taxa polos servizos de prerrecollida, recollida e tratamento de lixo, cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación en período voluntario e executivo está delegada no ORAL da Deputación de Pontevedra. Esta modificación comezará a aplicarse o 1 de xaneiro de 2027.
Para obter información detallada, pódese consultar o texto completo da modificación na seguinte ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/04/07/2026027255. Tamén é posible atopar información adicional sobre os tributos delegados polo Concello de Ponteareas no ORAL, tipos impositivos e demais ordenanzas fiscais en https://www.depo.gal/web/oral/o-meu-concello.