BIOCOSTEIRO

BIOCOSTEIRO

Conservación de la biodiversidad en hábitats costeros gallegoportugueses para promover y lograr un desarrollo equilibrado de las economías locales

VISITA GUIADA INTERPRETATIVA AO COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE

O proxecto "Biocosteiro" abarca a franxa marítimo-terrestre do espazo transfronteirizo entre a provincia de Pontevedra (Galicia-España) e Viana do Castelo (Portugal), onde conflúen aspectos especialmente importantes, comaunha gran riqueza patrimonial, cultural, etnográfica, paisaxística e ambiental. Esta zona acolle especies de aves migratorias de especial relevancia, algunhas en situación de ameaza, entre elas os lampareiros eurasiáticos, as espátulas ou os mazaricos reais e as últimas poboacións reprodutoras de especies tan emblemáticas nestes enclaves coma a píllara das dunas, tamén ameazada e protexida. Ademais, a zona alberga hábitats con importantes funcións ecosistémicas, amparados por figuras de protección ambiental internacional, pero que se atopan alterados ou transformados debido, entre outras causas, ao desenvolvemento turístico ou á presenza de especies exóticas invasoras, un problema de emerxencia ecolóxica e socioeconómica.


Por iso, para pechar o proxecto "Biocosteiro", a Deputación de Pontevedra pon en marcha unha visita guiada interpretativa a cargo de SEO/BirdLife para coñecer os valores ambientais do espazo, as súas principais ameazase e as actuacións de conservación levadas a cabo no marco deste proxecto, sen deixar de lado a observación de aves, pois son un piar fundamental del.

  • Apertura da inscrición: 17 de setembro de 2026, ás 9 h
  • Actividade: 24 de setembro de 2026, ás 16h

CONDICIÓNS DA SAÍDA

  • Esta actividade é gratuíta.
  • Haberá un autobús desde Pontevedra.
  • A actividade contará con 50 prazas.
  • As prazas son nominais, polo que será un requisito imprescindible presentar o DNI ao comezo de cada actividade.
    As titoras e titores legais das e dos menores de idade que non dispoñan do DNI deberán presentar un documento acreditativo da súa identidade.
    Non presentar o documento de identidade correspondente implica o rexeitamento da ou das persoas a participar na devandita actividade.
  • As e os menores de idade deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

INSCRICIÓN NA SAÍDA

Habilitarase un formulario en liña nesta mesma páxina web, no que se poderán anotar a persoa solicitante e tres (3) acompañantes; é dicir, un máximo de catro (4) persoas por inscrición.

Este formulario pecharase cando se reciban suficientes inscricións para cubrir tanto as prazas dispoñibles coma a lista de agarda e, a partir dese momento, non se poderán realizar novas inscricións. Tampouco se aceptarán inscricións por outras vías (nin correo electrónico nin teléfono).

Por último, non se permiten cambios nin correccións nas solicitudes: as persoas que figuren na solicitude son as únicas que se considerarán inscritas no programa e que poderán participar nel.

CONFIRMACIÓN DA SAÍDA

A lista conformarase por rigorosa orde de chegada das inscricións. A partir dese momento, as cincuenta (50) primeiras persoas recibirán un correo para que confirmen a súa asistencia ou rexeiten a praza coa maior brevidade posible e, en todo caso, antes das 12 h do luns anterior á ruta. Se existisen renuncias, enviaráselles un correo de confirmación ás seguintes persoas da lista de agarda, as cales deberán respectar o mesmo prazo ou, de enviarse pasado este prazo, contestar canto antes e sempre antes do mércores anterior á ruta. As comunicacións posteriores non se terán en conta.