A simple solicitude de datos persoais constitúe un tratamento de datos

Sentenza do Tribunal Supremo núm. 390/2026, de 26 de marzo de 2026, Recurso de casación 6649/2024

29/06/2026

Resumo: O Tribunal Supremo (TS) estima o recurso da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e fixa doutrina sobre o concepto de “tratamento de datos” no ámbito da protección de datos persoais. Considera que a simple solicitude de datos persoais por parte da Administración xa constitúe un tratamento de datos, aínda que finalmente a persoa afectada non os entregue.

O caso analizado refírese á petición dun centro penal a un funcionario para que achegue o diagnóstico médico e o tratamento das súas ausencias laborais.

O TS entende que esa solicitude vulnerou o principio de minimización de datos do Regulamento xeral de protección de datos, ao requirir información sanitaria especialmente protexida que non era necesaria nin proporcionada para controlar o absentismo laboral.

Na sentenza destácase que as persoas responsables do tratamento deben respectar os principios de protección de datos desde o mesmo momento en que solicitan información persoal.

Finalmente, o TS anula a sentenza da Audiencia Nacional e confirma a sanción de apercibimento imposta pola AEPD á Secretaría Xeral de Institucións Penais.