Cómputo do período de xeración no IIVTNU tras a liquidación da sociedade de gananciais

Subdirección Xeral de Tributos Locais, consulta vinculante núm. V0875-26, de 21 de abril de 2026

28/09/2026

Na consulta vinculante V0875-26 analízase como debe calcularse a base impoñible do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU) cando un inmoble adquirido en gananciais é adxudicado a unha ou un cónxuxe na liquidación da sociedade de gananciais e posteriormente transmitido. A Subdirección Xeral de Tributos Locais considera que esa adxudicación non está suxeita ao imposto e, polo tanto, non interrompe o período de xeración da plusvalía.

En consecuencia, para futuras transmisións, como é neste caso a realizada en 2026 polo cónxuxe adxudicatario, non debe computarse unha adquisición do 50 % en 2002 e outra do 50 % en 2026. O período de xeración debe calcularse desde a adquisición inicial pola sociedade de gananciais en 2002 ata a transmisión en 2026.

Ligazóns de interese