O Concello de Cerdedo Cotobade publica a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles (IBI)

06/05/2026

O 6 de maio de 2026 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles, cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación en período voluntario e executivo está delegada no ORAL da Deputación de Pontevedra. Esta modificación comezará a aplicarse o 1 de xaneiro de 2027.

Para obter información detallada, pódese consultar o texto completo da modificación na seguinte ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/05/06/2026036415. Tamén se pode atopar información adicional sobre os tributos delegados polo Concello de Cerdedo Cotobade no ORAL, os tipos impositivos e demais ordenanzas fiscais en https://www.depo.gal/es/web/oral/o-meu-concello.