Aberto o prazo para o pagamento do IBI de 2025

Desde o 29 de xullo ata o 7 de novembro está aberto o prazo para aboar o imposto sobre bens inmobles (IBI) correspondente ao exercicio de 2025.

29/07/2025

Se non ten o seu recibo de pagamento, lembre que pode obtelo e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:

  • En https://ovt.depo.gal
  • A través do correo electrónico oral@depo.gal
  • Nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420
  • En calquera das nosas oficinas de atención presencial

Información sobre as domiciliacións

A data de cargo en conta dos recibos domiciliados polo seu importe total será o 3 de outubro.

En caso de solicitar o pago en dous prazos, o cargo en conta do primeiro efectuarase o 14 de agosto e o do segundo realizarase o 3 de outubro.

A partir do día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario, o ORAL fará efectiva a cobranza a través da vía de constrinximento, coa inclusión dos xuros de demora e das recargas que procedan, no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar custos innecesarios.

Tramitación da domiciliación

  • Na Oficina Virtual Tributaria (OVT), de forma sinxela, rápida e segura
  • Na súa entidade bancaria, a través da solicitude correspondente
  • De maneira presencial, na nosa rede de oficinas
  • Por teléfono, a través do noso Centro de Atención Telefónica (886 211 400 e 886 211 420)
  • Por correo electrónico, a través do enderezo oral@depo.gal

Para planificar a súa asistencia ás nosas oficinas e evitar esperas innecesarias, pode obter cita previa en: