null Noticia -Concello de Salceda de Caselas gal gab1 14-09-2026

A Sección de Residuos e o Concello de Salceda de Caselas analizan o traballo desenvolvido polo SEVIC no municipio

14/09/2026

A Sección de Residuos e o Concello de Salceda de Caselas analizan o traballo desenvolvido polo SEVIC no municipio

A Sección de Residuos da Deputación de Pontevedra e o Concello de Salceda de Caselas mantiveron unha reunión de seguimento do traballo realizado no municipio polo Servizo de Vixilancia, Inspección e Control de Residuos (SEVIC) co obxectivo de valorar as actuacións desenvolvidas e coordinar a continuidade do servizo.

Durante a última campaña realizada en Salceda de Caselas leváronse a cabo 96 visitas efectivas, centradas na supervisión da correcta xestión dos residuos de competencia municipal e no cumprimento das obrigas de separación en orixe por parte das e dos produtores.

Na reunión realizouse unha valoración xeral dos resultados obtidos durante as visitas e das principais necesidades detectadas, así como das posibles liñas de traballo para continuar mellorando a xestión dos residuos comerciais no concello.

O encontro serviu tamén para reforzar a coordinación entre ambas as administracións e avanzar na planificación das próximas actuacións do SEVIC en Salceda de Caselas.

A colaboración entre a Sección de Residuos e o Concello permitirá continuar traballando na mellora da separación dos residuos, no cumprimento das obrigas das e dos produtores e na optimización da xestión municipal dos residuos.