A Sección de Residuos e o Concello do Porriño coordinan novas actuacións para mellorar a xestión dos residuos
12/08/2026
Persoal técnico da Sección de Residuos da Deputación de Pontevedra mantivo unha reunión de coordinación con representantes do Concello do Porriño no marco do Servizo de Vixilancia, Inspección e Control da Xestión de Residuos (SEVIC).
Durante o encontro analizouse a situación da recollida separada de biorresiduos, a posible ampliación da contedorización, as melloras previstas no punto limpo e as campañas municipais sobre diferentes fraccións. Tamén se revisaron diversas cuestións relacionadas coa organización e coa mellora do servizo municipal de residuos.
A xuntanza permitiu establecer novas vías de coordinación e intercambio de información entre ambas as administracións para continuar mellorando o servizo e favorecer unha xestión axeitada dos residuos municipais.