Persoal técnico da Sección de Residuos busca mellorar a información sobre separación e xestión de residuos en comercios e servicios
29/07/2026
Persoal técnico da Sección de Residuos da Deputación de Pontevedra mantivo o venres 24 de xullo unha reunión de traballo con representantes da Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (Aproema) e APE Galicia para darlles a coñecer o labor desenvolvido en materia de vixilancia, inspección e control de residuos nos concellos da provincia.
Durante o encontro analizáronse posibles vías de colaboración para facilitarlles aos comercios e servizos información práctica sobre a correcta separación e xestión dos seus residuos, así como para canalizar as súas dúbidas e necesidades.
A valoración positiva da xuntanza permitirá continuar traballando conxuntamente na procura de novas fórmulas de colaboración que melloren a información dirixida ao tecido empresarial.
