Un técnico da Sección de Residuos supervisa a recepción de novos colectores en Cerdedo Cotobade ao abeiro do Plan +Provincia
12/08/2026
Un técnico da Sección de Residuos da Deputación de Pontevedra desprazouse o pasado 30 de xullo ao concello de Cerdedo Cotobade para supervisar a recepción de novos colectores destinados á fracción resto.
A adquisición deste equipamento foi subvencionada pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan +Provincia 2025, destinado a apoiar os concellos na prestación dos servizos de competencia municipal. Os novos colectores permitirán renovar e reforzar os medios dispoñibles para a recollida de residuos no municipio.