null Noticia - Sevic 19-06-2026

Encontro das técnicas da Sección de Residuos co alcalde de Mondariz Balneario, no marco do SEVIC

19/06/2026

Encontro das técnicas da Sección de Residuos co alcalde de Mondariz-Balneario, no marco do SEVIC

Dúas técnicas da Sección de Residuos da Deputación de Pontevedra reuníronse co alcalde de Mondariz Balneario, César Gil, no marco das xuntanzas de coordinación que o Servizo de Vixilancia, Inspección e Control (SEVIC) vén mantendo cos concellos da provincia adheridos ao servizo.

No encontro tratáronse cuestións de organización e planificáronse as próximas visitas previstas ao comercio do municipio, dentro da colaboración entre o concello e o servizo provincial en materia de xestión de residuos.