A revisión de oficio de liquidacións firmes do IBI: límites da nulidade de pleno dereito e da revogación
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Aragón núm. 263/2026, de 25 de maio de 2026, recurso núm. 811/2025
14/09/2026
Na sentenza desestímase o recurso interposto contra a inadmisión da solicitude de nulidade de pleno dereito de varias liquidacións firmes do imposto sobre bens inmobles (IBI). A Sala lembra dúas cuestións especialmente relevantes:
- Que o procedemento previsto no artigo 217 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, ten carácter excepcional e só procede nos supostos taxados de nulidade radical, nos que se prescinde total e absolutamente do procedemento legalmente establecido, e sen que se poida empregar para revisar actos tributarios firmes por calquera infracción do ordenamento xurídico.
- Que a revogación e a devolución de ingresos indebidos son procedementos distintos (a primeira é un instrumento ao servizo da segunda) que non poden tramitarse conxuntamente.