Actualidade tributaria: Regulación mediante ordenanza fiscal dunha exención do recargo no IBI previsto no artigo 153.1.a) da Lei reguladora das facendas locais (LRFL) a suxeitos pasivos concretos
04/08/2025
O Tribunal Supremo, na Sentenza 856/2025, de 26 de xuño, en consonancia co criterio mantido noutras sentenzas, manifesta que non é posible regular mediante ordenanza fiscal nin unha exención nin unha redución no recargo do IBI previsto no artigo 153.1.a) da LRFL, Recursos das áreas metropolitanas, para suxeitos pasivos/inmobles concretos.