Actualidade tributaria: Os efectos preclusivos do artigo 140 da Lei xeral tributaria no procedemento de comprobación limitada

07/07/2025

É contrario á seguridade xurídica que se leven a cabo de maneira sucesiva no tempo actuacións de xestión e posteriormente de inspección sobre o mesmo obxecto. 

O Tribunal Supremo, na súa Sentenza 270/2025, de 12 marzo, considera que os efectos preclusivos que se impoñen no artigo 140 da Lei xeral tributaria, no procedemento de comprobación limitada, mantéñense aínda que se comprobe, con ocasión da tramitación dun procedemento inspector posterior, que tal resultado contradí, á súa vez, o consignado nunha liquidación previa que alcanzase firmeza.